21 jun. 2017

English Speaking countries - The Commonwealth

In the English classes we have been investigating about the Commonwealth countries, and we have made a presentation with many of the membership countries. Here you can have a look to all of the countries we have found information about. It is a bit long but we beg you to be patient!


In In

10 jun. 2017

X Certame Literario do Ceip. Plur. Carballal-Cabral

Aquí podemos ler as obras gañadoras nas distintas categorías e modalidades:

E tamén o resto dos traballos presentados:

Noraboa a tódolos participantes!
Esperamos que para a vindeira edición sexades moitos máis os que vos animedes a presentar as vosas creacións!!!

7 jun. 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Carlos Casares foi o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.
No Carballal limos moitas das súas obras: as historias de Toribio, A Galiña azul, O can Rin e o lobo Crispín e Lolo anda en bicicleta.
Fixemos un vídeo para coñecer algúns datos relevantes da súa vida e querémolo compartir aquí con todos vós.

5 jun. 2017

Contando Contos


Durante os meses de abril e maio, nas sesións de lectura, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º foron a visitar a tódolos pequenos e pequenas do colexio  para lerlles, contarlles e incluso dramatizar contos. Contaronlle os contos nas tres linguas, os nenos/as de 6º contaron todos os seus contos en inglés e os demáis o fixeron nas dúas linguas maternas. 

Eles puxeron moito entusiasmo e os máis pequenos esperábannos cada día con ilusión. 

Nalgunha ocasión, este curso acompañaronnos os avós e avoas que estiveron encantados/as de pasar con nós un bo rato de lectura e diversión. 
Esperamos máis para o vindeiro curso!!!

Se pinchas nesta foto poderás ver moitas máis.
 https://goo.gl/photos/EZu8jKW3kXHWZ8dX6
 

19 may. 2017

Por fin.........LEDICIA COSTAS

Hoxe tivemos a sorte de que nos viñera a visitar a nosa grandiosa CHEF deste curso.... LEDICIA COSTAS. Con ela estivemos cociñando todo o curso e hoxe tivemos a sorte de que nos ensinara os seus ingredientes para facer o fermoso libro que estivemos a traballar "Escarlatina, a cociñeira defunta" .

Ledicia Costas on PhotoPeach

                            

6 mar. 2017

Contacontos no 2º trimestre

Neste segundo trimestre, seguimos coas colaboracións das familias para vir a nosa biblioteca a contar historias ou contos. Neste caso, a historia contada por a nai de Jorge, da aula de tres anos, falaba da cultura esquimal que están a traballar no ciclo de Infantil, das súas costumes e tradicións. Despois  da lectura decoramos con boliñas de algodón un mural dun esquimó que nos trouxo a "mamá" de agasallo e quedounos precioso. Aquí tendes unha proba desta lectura. 

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, en memoria do seu nacemento.
Este ano pedimos a colaboración das familias para facer fotos cunha máscara de Rosalía de Castro.
Agradecemos a vosa colaboración e deixámosvos aquí o álbum de fotos que resultou desta actividade.


Moitas grazas a todos e todas! #RosaliaTe

9 ene. 2017

Sesións de Contacontos

Neste curso, ao igual que en outros anteriores, comezamos coas sesións de contacontos na nosa biblioteca, levada a cabo por nais e pais do noso alumnado. Neste caso, os contacontos que se realizaron no primeiro trimestre do curso, foron levados a cabo por: o pai de Bárbara e as nais de Celia e Julia, todas alumnas de Infantil. Grazas a súa colaboración os nenos e nenas puideron gozar da escoita de novas historias. Aquí vos deixamos un resumo destas sesións de contacontos.

28 oct. 2016

 Clica na cabaza...e traballa co SAMAÍN

                 con vídeos...

https://youtu.be/mStAARe1imshttps://vimeo.com/31461269
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.htmlhttps://m.youtube.com/watch?time_continue=12&v=M8PohQv_iBk&ebc=ANyPxKqPNwxW1sVQD_ahceEAb8M7fcDDzAcy8jfVBqhffr3JQdjsgvpYraKnWyiH_fOOZusnWSnnPS3B9VP18802Fa6PV8TMCQ


                         ou con FICHAS!!

http://www.dibujos-para-ninos.com/dibujo-calabazas-halloween.html
https://dda580b4-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/bibliotecadocole2/Obradoirodomedo.pdf?attachauth=ANoY7cqGokXk6AJ8IWOjqpyP4m3PSTYYcaYx9V2ZCQT7dS6t1gux8BrLT8pINNMqyca7PqW4hooiG_qGUqnX6I_bPwZtVbQmNfDMkMs9LN4Kv4LdYSLqq8K-Wjbmu6OTnZUvgWs4rsehNHSc_DGanCN5NPSTY_i2mzH4KfslVHUZ9OGsKTdWzB8-yWRkZbnBvzzkTl53FgWdbB7Pa_q87NAu_hbkHZLatGyKhgcMqewy1LYqHTzlZzQ%3D&attredirects=0
http://coordinadoraendl.org/recursos/doc/rec282_1.pdf


http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/udsamain.pdf

19 oct. 2016

Celebración "Día das Bibliotecas Escolares"



Queridas familias,
Para celebrar o día das Bibliotecas Escolares, o próximo luns 24 de outubro, realizaremos unha lectura en directo (streaming) do libro de Roald Dahl  “¡Qué asco de bichos!”. Estades todos convidados/as  a  esta divertida lectura que comezará ás 9:30h. Poderedes ver e escoitar esta lecturadende este mesmo blog .
                                             Desexamos que pasedes un bo rato de lectura con nós!